Alicia Fdez. en primeiro plano, con Gonzalo Hermo e Olalla Cociña dando vitaminas para o galego en verso |
“Sabemos tirar os penaltis e non facemos como o Barça e o Madrid”, afirmou o grupo muradán Terbutalina no festival de Vitaminas para o galego que se celebrou na noite do pasado venres na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Ademáis do enerxético “gastro punk” dos de Muros, a xornalista Xiana Arias coordenou con palabras fermosas e precisas un acto no que se deron cita xornalistas, músicos e a vangarda da intelectualidade compostelán.
O recitado vibrante de Gonzalo Hermo, Olalla Cociña e Alicia Fernández abriu o lume dun acto no que Ubaldo Cerqueiro (Quepasanacosta) deu leitura ao manifesto que “Vitaminas para o galego” lanza para o vindeiro 17 de maio, Dia das Letras.
A poeta e xornalista Xía Arias presentando o Festival de Vitaminas para o Galego |
Foron os impresionantes muradáns Terbutalina os que derrocharon enerxía en galego, malia que asegurar aquelo de “Rajoy, te quiero, pero no te lo digo en galego”.
26 medios en galego
Impresionantes os muradáns Terbutalina no Festival de Vitaminas para o galego |
A campaña Vitaminas para o Galego está artellada polos medios de comunicación: Tempos Novos, Galicia Confidencial, Radiofusión, Praza Pública, Novas da Galiza, Val Miñor.info e Quepasanacosta. Colaboran ademais Xornal da Barbanza Certo, O Sil.info, Crónica 3, Radio Nordés, Terra Chá.Xa, Crónicas da Comarca, Surf GZ, Cardenos de Comunicación e Análise, Lalín e Comarca, Hermes e Atenea , Disquecool, De Luns a Venres, Cabozo.com, Vencello, Cartafol, A nova Peneira, Programa radio Plástico Elástico, Cerne, Terra de Melide e Gaceta de Fene.
Máis información
- Microsite de Vitaminas para o mobil.
- Facebook: Vitaminas para o galego.
- Twitter: Vitaminasgalego.
Ningún comentario:
Publicar un comentario