A Asociación de Medios en Galego pídelle á sociedade galega que tome conciencia da importancia e riqueza forestal; e aos gobernantes que fagan unha verdadeira política forestal baseada na ordenación e na prevención dos nosos montes.
Compostela. 18 de setembro de 2013. Parecía que iamos pasar un verán bastante tranquilo. Parecía que a tétrica estampa do 2006 non se ía repetir. Pero tan só 8 anos despois, Galicia volve aparecer nas cabeceiras de todo o Estado cun negro protagonismo. Máis de 20.000 hectáreas foron pasto das lapas durante este verán, un terzo durante setembro. E non semella que sexa froito da casualidade.