O Novas da Galiza comemora os seus dez anos de vida com festa. Será esta quarta-feira, dia 21 de março, a partir das 20,30h. no pub Avante de Compostela. Começará com um encontro de representantes do jornal com o público leitor, ao que seguirá a apresentaçom da campanha Vitaminas para o Galego da mao do diretor de Galicia Confidencial Xurxo Salgado. A partir das 22,30, concerto com Os Tres Trebóns e foliada com as Pandereteiras Bouba e mais Habelas Hainas.
Umha exposiçom sobre a história do Novas acompanhará o evento.
20 marzo 2012
14 marzo 2012
O gastro-punk de Terbutalina presente no concerto de Vitaminas para o Galego
Terbutalina estará presente no Concerto de Vitaminas para o galego que terá lugar o próximo 27 de abril no local da Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Aquí vai un adianto dun tema da banda de gastro-punk de Muros.
"Vitaminas para o galego" repartiu xa as recompensas entre os 197 mecenas conseguidos até hoxe
A campaña de apoio aos medios en galego organizará un festival o día 27 en Santiago
Santiago, 7 de marzo de 2012.- A campaña de apoio aos medios en galego comeza esta semana unha segunda fase. Como primeiro paso, “Vitaminas para o Galego” está a traballar para organizar un festival artístico o próximo 27 de abril en Santiago de Compostela.
Ademais, “Vitaminas para o Galego” xa enviou nesta semana as recompensas aos 197 mecenas que aportaron en total 6830 euros na primeira fase a través de internet, duplicando as expectativas de recadación.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)