18 outubro 2014

A cultura galego-portuguesa na Unesco


Hai hoxe 10 anos, un grupo de profesores e profesoras entregaba na sede da Unesco en Paris unha candidatura do patrimonio común galego- portugués. A primeira Candidatura Multinacional promovida por centros educativos de dous países da Unión Europea, e avalada por dous Estados. Pero detrás desta entrega houbo un intenso traballo conducido pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!

07 outubro 2014

AMEGA denuncia a política de publicidade institucional da Xunta ante expertos europeos




 “Non se trata de vivir do conto, senón de xogar coas mesmas regras de xogo que os grandes medios. Non pode ser que os grandes grupos mediáticos galegos, que usan o español, teñán infinidade de axudas públicas e, polo contra, os medios en galego estean excluídas das mesmas”, sinala Xurxo Salgado.

A Asociación de Medios en Galego, a través de Xurxo Salgado, denunciou este luns a política de publicidade institucional da Xunta ante o integrantes do Comité de Expertos sobre Linguas Minoritarias –organismo dependente do Consello de Europa encargado de velar polo cumprimento da Carta Europea das Linguas–, pola marxinación á que están sometidos os medios en galego.