Os medios de comunicación que facemos xornalismo en galego nos unimos para defender a presencia da nosa lingua na vida pública.
Asociación que nace como herencia da campaña Vitaminas para o galego
Consulta as bases do concurso e participa. Podes gañar unha estancia nunha casa rural, unha tablet ou un regalo sorpresa :) Todo por unha foto túa mollándote polo galego
Trátase dunha campaña de sensibilización da mocidade de cara ao idioma galego
Terá lugar o día 22 de setembro na mítica praia de Tanxil, por onde pasearon Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio
Os participantes deberán, cunha camisola facilitada de xeito gratuito polo Concello, enviar fotos orixinais co lema ás redes sociais. Os mellores recibirán premio.
Rianxo, 10 de setembro de 2012. O vindeiro mércores, 12 de setembro, será presentada no Concello de Rianxo, ás doce do mediodía, a campaña "Móllate polo galego", destinada a aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego. Na presentación estarán o músico e actor Tonhito de Poi, ex compoñente de Heredeiros da Crus que agora milita en Rasa Loba; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do Barbanza que colabora na plataforma organizadora, Vitaminas para o galego.