16 xullo 2013

A Asociación de Medios en Galego presentouse aos catro Grupos Parlamentares

Imaxe da reunión da AMEGA cos membros do Grupo Parlametar do PSdG


  • A entidade que abrangue aos medios de comunicación en galego mantivo reunións coas catro forzas políticas do Parlamento Galego.
  • A Asociación explicou a súas liñas estratéxicas e fixo propostas enfocadas á defensa do uso do galego nos me
  • O Colexio de Xornalistas tamén recibíu á Asociación, que tamén vai manter contacto co Sindicato de Xornalistas.


20 maio 2013

A Xunta "pasa" do galego

365 días en galego e sen a Xunta
A Xunta de Galicia marxinou á práctica totalidade dos medios de comunicación en galego da publicidade institucional do 17 de maio, Dia das Letras Galegas. A Secretaría Xeral de Medios de Comunicación inseriu anuncios da "festa das nosas letras" en xornais, radios e sitios web que empregan o castelán os 365 dias do ano en porcentaxe superior ao 90%, pero desbotou colocalos nos medios que utilizan o idioma galego.

16 maio 2013

Nace a nova Asociación para defender e loitar polo galego nos medios de comunicación



A nova entidade xorde con once medios en papel, electrónicos ou radiofónicos para garantir a pervivencia do idioma e e procurar vías de financiamento que garantan o sustento dos media en galego.

Manifesto da Asociación de Medios en Galego

AS RAZÓNS DA ASOCIACION DE MEDIOS EN GALEGO


Os medios de comunicación que utilizamos o idioma galego dirixímonos a todas as persoas que falan en lingua galega e a todas aquelas que a aman. Queremos xa que logo, comunicarnos e establecer fío directo coa inmensa maioría da poboación de Galicia.

Queremos contribuir a que o idioma propio de Galicia adquira un rango social de normalidade. Preocúpanos a situación da nosa lingua e diante do descenso no seu uso manifestamos, e até clamamos, que a día de hoxe o uso do noso idioma non está asegurado.