Bo exemplo é o Museo do Pobo Galego para describir o estado da cultura galega. Síntomas de crise, síntomas de fame, nestes tempos nos que as institucións culturais son vítimas dos recortes provocados por unha visión da cultura como algo secundario.
O Padroado do Museo, consciente de que os socios e socias constitúen a súa base social, considera preciso "reforzar o museo como institución de toda a sociedade galega como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo".
Nesa liña arrincan cunha campaña de ampliación de socios, coa intención de alcanzar 500 novas inscricións para finais de 2014.
E aí, a rede da Asociación de Medios en Galego quere poñer o seu grao de area e apoia á campaña cunha acción informativa conxunta.
13 decembro 2013
A loita pola dignidade
Este artigo publícase de xeito simultáneo nos medios de comunicación integrantes da Asociación de Medios en Galego, este mes co gallo do “Día das Persoas sen Fogar”, 24 de novembro. Agradecemos a colaboración desinteresada de José Manuel Pena, portavoz de “Stop Desafiuzamentos” de Barbanza, cidadán comprometido de Ribeira, coa nosa misión de promocionar a lingua e a cultura galegas namentres falamos da realidade social de Galicia. Fálanos ademais dunha problemática á cal a sociedade costeira non pode dar as costas.
Desta volta o lema é “Ninguén sen saúde, ninguén sen fogar” e promoven Cáritas, FACIAM (Federación de Asociaciones de Centros para la Integración y Ayuda a Marginados), fePsh (Federación de Entidades de Apoyo a las Personas sin hogar), la Xarxa d´Atenció a Persones sense llar e BesteBi (Plataforma por la inclusión residencial y a favor de las personas sin hogar de Bizkaia).
A loita pola dignidade
Soidade, anguria e indefensión. Así se atopaba unha muller da bisbarra da Barbanza, a piques de quedar na rúa por causa dun procedemento de execución hipotecaria iniciado a instancias dunha coñecida entidade financieira. Iso foi o que nos moveu a coller as rendas e constituír unha Plataforma para protexer ás familias humildes do poder omnipotente dos bancos e presionar á clase política sobre a necesidade de garantir, de xeito efectivo, o dereito de todo cidadán a unha vivenda digna.
Eramos conscientes da cruzada que comezabamos contra o poder político e financieiro, mais nunca cremos atoparnos con tal cantidade de familias afectadas, en pouco máis de ano e medio de vida: case un cento de casos coa total imposibilidade de facer fronte ás súas obrigas hipotecarias, e moitas delas con graves dificultades para chegar a fin de mes, incluso sen nada que levar á boca.
Comezamos con entrevistas cos máximos responsables municipais e os departamentos de servizos sociais, todo iso xunto con campañas, nos diferentes medios de comunicación, co obxectivo de que a propia sociedade civil fose consciente da necesidade de loitar e oporse aos abusos bancarios, de obrigar ás entidades financieiras a negociar antes de que ningunha familia humilde, por causas económicas, tivese que perder a súa vivenda habitual.
17 outubro 2013
Unha nena
Este artigo publícase de xeito simultáneo nos medios de comunicación integrantes da Asociación de Medios en Galego, que agradecen a colaboración desinteresada da escritora e xornalista Rosa Aneiros coa nosa misión de promocionar a lingua e a cultura galegas.
Unha nena, de Rosa Aneiros
Afirmei en numerosas ocasións que a literatura debía volver ao xornalismo, de onde foi apartada bruscamente en nome da falsa e sobrevalorada obxectividade, ese mito que erixe en verdade absoluta os feitos sen aceptar que, dependendo da perspectiva dende onde se mire, estes mudan radicalmente. Claro que eu me refería aos recursos estilísticos das pezas informativas, non aos feitos narrados. Cuestionaba o como, nunca o que, aspecto que sigo a crer a cerna básica do oficio: o que. Porén, na práctica xornalística actual, o QUE parecer ser o de menos. E aceptar isto implicaría asumir que son as tendencias e os índices de audiencia os que marcan o exercicio da profesión e non os códigos deontolóxicos, as regras máis elementais do oficio, as normas básicas que rexen a elaboración das pezas informativas. Porque no caso do asasinato da nena Asunta cruzáronse todas as liñas vermellas. Empurrados uns polos outros, apremados pola necesidade de saciar a ansia de morbo e aguilloados por encher cada día titulares, decidiuse prescindir dos pesos que limitaban o avance rápido pola secuencia dos feitos/non feitos. Así, por que contrastar información cando se pode facer dos murmurios unha fonte fidedigna?19 setembro 2013
A AMEGA, en contra da devastación dos nosos montes
A Asociación de Medios en Galego pídelle á sociedade galega que tome conciencia da importancia e riqueza forestal; e aos gobernantes que fagan unha verdadeira política forestal baseada na ordenación e na prevención dos nosos montes.
Compostela. 18 de setembro de 2013. Parecía que iamos pasar un verán bastante tranquilo. Parecía que a tétrica estampa do 2006 non se ía repetir. Pero tan só 8 anos despois, Galicia volve aparecer nas cabeceiras de todo o Estado cun negro protagonismo. Máis de 20.000 hectáreas foron pasto das lapas durante este verán, un terzo durante setembro. E non semella que sexa froito da casualidade.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)