14 setembro 2012

Bases do concurso "Móllate polo galego"


Consulta as bases do concurso e participa. Podes gañar unha estancia nunha casa rural, unha tablet ou un regalo sorpresa :) Todo por unha foto túa mollándote polo galego

Video presentación campaña "Móllate polo galego"


O Concello de Rianxo e a plataforma "Vitaminas para o galego" presentan o mércores, 12 de setembro, a campaña "Móllate polo galego" en Rianxo



  • Trátase dunha campaña de sensibilización da mocidade de cara ao idioma galego
  • Terá lugar o día 22 de setembro na mítica praia de Tanxil, por onde pasearon Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio
  • Os participantes deberán, cunha camisola facilitada de xeito gratuito polo Concello, enviar fotos orixinais co lema ás redes sociais. Os mellores recibirán premio.

Rianxo, 10 de setembro de 2012. O vindeiro mércores, 12 de setembro, será presentada no Concello de Rianxo, ás doce do mediodía, a campaña "Móllate polo galego", destinada a aumentar a sensibilidade dos mozos polo idioma galego. Na presentación estarán o músico e actor Tonhito de Poi, ex compoñente de Heredeiros da Crus que agora milita en Rasa Loba; o alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños, e un dos integrantes de Certo, diario dixital do Barbanza que colabora na plataforma organizadora, Vitaminas para o galego.