10 abril 2017

A Asociación traballa nun plan de actividades para 2017/2018

Roberto Vilameá de Sermos Galiza, Xurxo Salgado de Galicia Confidencial, Henrique Sanfiz de Radiofusión, Fernando de Paz de Tempos Novos, Ubaldo Cerqueiro de Quepasanacosta e Raúl Ríos do Novas da Galicia

Esta semana volvíase xuntar a Xunta Directiva da Asociación de Medios en Galego para preparar un novo plan de actividades de cara á campaña 2017/2018.

Roberto Vilameá de Sermos Galiza, Xurxo Salgado de Galicia Confidencial, Henrique Sanfiz de Radiofusión, Fernando de Paz de Tempos Novos, Ubaldo Cerqueiro de Quepasanacosta e Raúl Ríos do Novas da Galicia, participaron na mesma en representación aos 12 medios da entidade

06 dezembro 2015

“Os medios en galego estamos moi ben posicionados pensando no futuro”



A pasada fin de semana a Asociación de Medios en Galego, da que forma parte QPC, tivo presenza no Culturgal. Ademais, de situar un posto informativo na Feira das Industrias Culturais de Galicia, a AMEGA realizaba unha mesa redonda sobre a situación dos medios en galego e sobre a situación do galego nos medios. Gracias á xentileza da Editorial Xerais e do traballo de k12 Producións, este foi o debate que desenvolveron Ubaldo Cerqueiro, responsable de Que pasa na Costa; Enrique Sanfiz, Presidente de AMEGA e director de Radio Fusión (grupo de emisoras municipais galegas); Xurxo Salgado, Director de Galicia Confidencial e Álvaro Peralta, Redactor de Valminor.info. 

28 fevereiro 2015

A AELG premia á Asociación de Medios en Galego


Despois de 3 anos de traballo asociativo, sempre presta que unha entidade o valore. E se chega nada menos que da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), moito mellor. A entidade vén de anunciar que un dos Premios AELG 2015 á’s Institucións’ en defensa do uso do galego nos medios de comunicación nun momento de “especial dificultade” para este idioma, recaerá na Asociación de Medios en Galego, da que formamos parte.

24 fevereiro 2015

A Xunta, en contra da transparencia nas axudas a medios de comunicación

"O Partido Popular votou en contra da transparéncia nas axudas aos medios de comunicación" afirma a Asociación de Medios en Galego, tras a decisión adoptada esta mañá polo Pleno do Parlamento Galego de non tomar en consideración a proposición de Lei de Publicidade Institucional, presentada pola entidade. Nove veces nos últimos seis anos prometeu o presidente da Xunta Alberto Núñez Feijóo "a inmediata presentación da Lei de Publicidade Institucional" sen que en ningunha das ocasións cumprira a súa promesa. Esta mañá os populares rexeitaron a posibilidade de debater o asunto na Cámara autonómica.