A iniciativa a prol dos medios na lingua do país acaba de lograr o seu primeiro éxito. “Vitaminas para o Galego” conseguiu recadar máis de 4.000 euros a través de Internet en menos dun mes dende a súa presentación. O obxectivo inicial era recoller 3.300 euros antes do 1 de febreiro. Con 22 días de antelación sobre a data límite, a cantidade aportada polos cidadáns xa supera os 4.000 euros.
11 xaneiro 2012
22 decembro 2011
O crowfunding das vitaminas
O proxecto “Vitaminas para o galego” comezou o xoves 22 de decembro a búsqueda de micromecenas a través da plataforma de verkami. As primeiras horas foron dun auténtico e sorprendente éxito xa que se atoparon en pouco máis de 3 horas, 8 micromecenas. O proxecto permanecerá en vigor durante 40 dias, ata finais do mes de xaneiro.
Galicia confidencial, Tempos Novos, Novas da Galiza, Radiofusión, Praza Pública, Ovalmiñor.info, quepasanacosta, certo.gl, cronica3 e O Sil, presentaron “Vitaminas para o galego” o pasado sábado dia 17 no marco de Terractiva, Feira ecolóxica de Arzúa.
Agora no crowfunding
O crowfunding é unha forma directa de financiar proxectos coa suma de aportacións individuais. A páxina de verkami diríxese a creadores independientes que buscan financiación para materializar as súas ideas. O seu publico, convertido en mecenas, recibe recompensas exclusivas a cambio das súas aportacións.
05 decembro 2011
Vitaminas para o galego
Os medios de comunicación que utilizan a nosa lingua son vitais se queremos asegurar o prestixio e a viabilidade do idioma para as futuras xeneracións. Por iso decimos que os medios son VITAMINAS PARA O GALEGO. Trátase dunha campaña de sensibilización levada adiante por Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza pública, Radiofusión, Tempos Novos, certo.gl, quepasanacosta, O Sil, valmiñor.info e crónica3. A iniciativa presentaráse publicamente o sábado 17 de decembro do 2011 na Feira ecolóxica de Arzúa (Terractiva).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)