05 dezembro 2011

Vitaminas para o galego

Os medios de comunicación que utilizan a nosa lingua son vitais se queremos asegurar o prestixio e a viabilidade do idioma para as futuras xeneracións. Por iso decimos que os medios son VITAMINAS PARA O GALEGO. Trátase dunha campaña de sensibilización levada adiante por Galicia Confidencial, Novas da Galiza, Praza pública, Radiofusión, Tempos Novos, certo.gl, quepasanacosta, O Sil, valmiñor.info e crónica3. A iniciativa presentaráse publicamente o sábado 17 de decembro do 2011 na Feira ecolóxica de Arzúa (Terractiva).

5 comentários:

  1. Prezad@s amig@s,


    Recibide todo o noso apoio e contade coa nosa máxima colaboración neste novo e necesario proxecto.

    Se o desexades, podedes contactarnos en infocadernos@gmail.com

    Unha moi forte aperta


    Consello Editorial de Cadernos de Comunicación e Análise

    ResponderExcluir
  2. Ánimo! :D Cada vez seremos máis fortes!

    ResponderExcluir
  3. Parabéns pola iniciativa.
    Gustaríame saber como podemos colaborar dende o SNL do Concello de Redondela.
    Un saúdo.

    Eva García Rei
    Técnica do SNL Concello de Redondela
    normalizacion@redondela.info

    ResponderExcluir
  4. Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderExcluir
  5. Algo fixen mal no anterior comentario. Perdoade. Púxenvos un banner na web da vosa campaña.

    O meu email pra colaborar é: info@surfgz.com

    Apertas

    ResponderExcluir