16 maio 2013
Nace a nova Asociación para defender e loitar polo galego nos medios de comunicación
A nova entidade xorde con once medios en papel, electrónicos ou radiofónicos para garantir a pervivencia do idioma e e procurar vías de financiamento que garantan o sustento dos media en galego.
Manifesto da Asociación de Medios en Galego
AS RAZÓNS DA ASOCIACION DE MEDIOS EN GALEGO
Os medios de comunicación que utilizamos o idioma galego dirixímonos a todas as persoas que falan en lingua galega e a todas aquelas que a aman. Queremos xa que logo, comunicarnos e establecer fío directo coa inmensa maioría da poboación de Galicia.
Queremos contribuir a que o idioma propio de Galicia adquira un rango social de normalidade. Preocúpanos a situación da nosa lingua e diante do descenso no seu uso manifestamos, e até clamamos, que a día de hoxe o uso do noso idioma non está asegurado.
Os medios de comunicación que utilizamos o idioma galego dirixímonos a todas as persoas que falan en lingua galega e a todas aquelas que a aman. Queremos xa que logo, comunicarnos e establecer fío directo coa inmensa maioría da poboación de Galicia.
Queremos contribuir a que o idioma propio de Galicia adquira un rango social de normalidade. Preocúpanos a situación da nosa lingua e diante do descenso no seu uso manifestamos, e até clamamos, que a día de hoxe o uso do noso idioma non está asegurado.
04 febreiro 2013
Nace a Asociación de Medios en Galego para defender a presenza do idioma nos medios
Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás e Valminor.info son os impulsores desta nova asociación.
Santiago de Compostela - Afortalar os medios en galego, consolidar un espazo de comunicación na lingua propia ou contribuir á profesionalización do sector dos medios en galego son parte dos obxectivos da Asociación de Medios en Galego que se acaba de constituír.
Polo momento, dez medios en galego forman parte desta asociación; Tempos Novos, Novas da Galiza, Galicia Confidencial, Que Pasa na Costa, Xornal Certo, Radiofusión, de Luns a Venres, Praza Pública, O Compás e Valminor.info, aínda que outros, como Sermos Galiza, xa amosaron a súa intención de integrarse na mesma.
A iniciativa está aberta a todos os medios editados en galego e ten a súa orixe na experiencia Vitaminas para o Galego, unha iniciativa impulsada o pasado ano que desenvolveu varios eventos xornalísticos e culturais en defensa do noso idioma.
Obxectivos
Os principais obxectivos da nova Asociación de Medios en Galego serán defender os intereses dos seus asociados favorecendo así o afortalamento dos medios de comunicación en galego. Tamén contribuir ao proceso de asentamento do sector dos medios de comunicación de información xeral na lingua propia de Galicia e á consolidación dun espazo de comunicación en galego fomentando a presenza pública, tanto individual como conxunta, dos medios de comunicación neste idioma.
Esta asociación tamén contribuirá á profesionalización do sector de xeito que as empresas se doten de estruturas sólidas que garantan a proxección de cada medio conseguindo a independencia económica e represetnará ao sector diante das distintas administracións en todo aquelo que afecte aos medios de comunicación en galego.
Tamén debaterá colectivamente os temas de interese para o sector e asesorará ás entidades produtoras de medios integradas para facer fronte aos problemas profesionais comúns, promoverá iniciativas lexislativas e administrativas que beneficien ao sector. Ademais, desenvolverá accións, eventos e campañas de sensibilización tendentes a visibilizar na sociedade a existencia dos medios de comunicación en galego, intercambiará coñecementos e información entre os membros da Asociación e promoverá proxectos comúns e contribuirá ao proceso de normalización lingüística.
Socios
Serán socios desta asociación, as persoas físicas ou xurídicas cuia actividade principal sexa a produción e tratamento de información calquera que sexa o seu soporte e que, entre outros requisitos, utilicen o galego, teñan unha periodicidade non superior a un mes, teñan unha vida mínima anterior á constitución de seis meses e que máis do 70% da súa extensión ou tempo de emisión estea adicada a contidos non publicitarios. Non poderán formar parte da asociación os organos de expresión de administracións públicas ou entiades dependentes, partidos políticos, organizacións sindicais, patronais e colexios profesionais, así como calquera outra de análoga natureza, nin as asociación ou entidades que se atopen incursas en procesos concursais ou de disolución, ou que manteñan débedas con traballadores ou ex traballadores.
Os medios interesados en formar parte desta asociación poden informarse enviando un mail a: contacto@mediosengalego.org
01 outubro 2012
Rianxo: "Descalciña pola area" gaña o certame de fotos da campaña "Móllate polo galego"
- O segundo premio corresponde a unha imaxe con dous nenos do colexio Brea Segade que se enfundaron nunha camisola de "Móllate polo galego"
- O terceiro premio vai para a imaxe dos azulexos nos que se le "Villa de Rianjo. Partido de Padrón. Provincia de La Coruña" cunha camisola de "Móllate polo galego" como contraste nunha percha Os autores das imaxes terán que escribir a redaccion@certo.es para identificarse e seguir as instrucións para reclamar o premio
Rianxo, 1 de outubro de 2012. A deliberación non foi doada. Entre as 87 imaxes que participaban o reparto do xurado, integrado por tres membros dos medios de "Vitaminas para o galego", hai auténticas xoias, ben polo motivo escollido, ben polo esforzo creativo que supuxeron. Pero houbo que decantarse e así queda a resolución final:
PRIMEIRO PREMIO
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)