16 julho 2013

A Asociación de Medios en Galego presentouse aos catro Grupos Parlamentares

Imaxe da reunión da AMEGA cos membros do Grupo Parlametar do PSdG


  • A entidade que abrangue aos medios de comunicación en galego mantivo reunións coas catro forzas políticas do Parlamento Galego.
  • A Asociación explicou a súas liñas estratéxicas e fixo propostas enfocadas á defensa do uso do galego nos me
  • O Colexio de Xornalistas tamén recibíu á Asociación, que tamén vai manter contacto co Sindicato de Xornalistas.



Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2013.
A recentemente constituida Asociación de Medios en Galego mantivo este martes 16 de xullo o seu primeiro contacto cos 4 grupos parlamentares galegos. Varios membros da entidade tiveron reunións no Parlamento Galego con representantes do PSdG, BNG, AGE e PP, ademais doutra cita co Colexio de Xornalistas.

A entidade prantexou as súas liñas estratéxicas de actuación. Unhas propostas que sempre van encamiñadas ao mantemento, promoción e dignificación da lingua galega, á súa presencia nos medios, así como a profesionalización do sector.
A organización propón establecer un marco de relacións entre institucións e medios que abranga 3 lexislaturas.Así mesmo, avanzou a súa intención de comezar a traballar consensuadamente na creación dunha Lei de Publicidade Institucional, unha vez que o actual Decreto rixe dende o ano 1999, cando a realidade mediática do país era singularmente diferente.


A resposta dos diferentes grupos foi positiva. A primeira reunión celebrouse co PSdG. Pablo García, Abel Losada e Manel Gallego escoitaron as súas propostas e trasladaron a súa receptividade e disposición a facer de “altofalante” no Parlamento. Por parte do BNG, foron Monste Prado e Francisco Jorquera os que escoitaron aos voceiros da entidade e amosaron a súa “plena disposición a apoiar”. Pola súa banda, Xesús Ron e Ramón Vázquez, de AGE, foron tamén receptivos coas suxestións, mentres que Pedro Puy, Marta Rodríguez Arias e José Manuel Agra amosaron a intención do Grupo Parlamentario Popular a analizar as proposicións da Asociación.

Se ben a Asociación de Medios en Galego segue en proceso de crecemento, a día de hoxe está formada por 15 medios (Galicia Confidencial, Tempos Novos, Novas da Galicia, Radiofusión, rede de emisoras municipais galegas, Praza Pública, Valmiñor.info, Quepasanacosta.com, xornal dixital da Costa da Morte, Certo, Xornal da Barbanza, Compas da Costa, revista dixital da Costa da Morte, Sermos Galiza, Cadernos de Comunicación e Análise, Terra Chá Xa, A Voz de Vilalba, Cronicas 3, xornal dixital da Mariña Lucense e A Nova Peneira.



Nenhum comentário:

Postar um comentário