14 setembro 2012

Bases do concurso "Móllate polo galego"


Consulta as bases do concurso e participa. Podes gañar unha estancia nunha casa rural, unha tablet ou un regalo sorpresa :) Todo por unha foto túa mollándote polo galego


Bases do concurso fotográfico "Móllate polo galego"
  1. Cada imaxe deberá ser orixinal e levar nela o lema "Móllate polo galego" coas posibles variantes "Eu móllome polo galego", "Móllome polo galego" e similares
  2. Nas imaxes pode ir a camisola que dá de balde o Concello de Rianxo o día 22 de setembro pola tarde na praia de Tanxil ou pode ir o lema feito ou escrito con outros materiais pola autora ou autor da foto
  3. Cada imaxe -pódese participar coas que se queira- debe ser enviada ao correo electrónico mollate@vitaminasparaogalego.gl que xa funciona
  4. O período para enviar as imaxes xa comezou e remata un sábado despois do 22, o Día de San Miguel, o 29 de setembro
  5. Cada participante debe procurar, se comparte as súas imaxes nas redes sociais, engadirlle a etiqueta (hashtag) #Móllate e #Rianxo
  6. Non hai límite de idade para participar, pero no caso de que gañe unha foto feita por un menor, terán que ser seus pais ou tutores os que recollan o premio
  7. Cada imaxe pasa a ser automaticamente "libre", isto é, con licencia Creative Commons de distribución non comercial con atribución, isto é, que se pode usar sempre que non sexa de xeito comercial só con poñer o nome da autora ou autor da foto
  8. As imaxes non teñen que ser realizadas necesariamente en Rianxo pero o xurado valorará que se faga referencia a esta vila, cuna de Castelao, Rafael Dieste e Manuel Antonio


PREMIOS

O primeiro premio será unha noite de aloxamento na casa rural A Pousadoira, de Callobre, en Miño (A Coruña) (www.pousadoira.com) a convir no mes de outubro cos que rexentan este establecemento que tamén se molla polo galego. Unha oportunidade magnífica para coñecer, ou voltar a visitar, as impresionantes Fragas do Eume.

O segundo premio é dun centro de ensino e academia de informática de Rianxo, Informática Castelao (http://www.infocastelao.es) que doa un tablet por mollarse pola lingua propia de Galicia.

O terceiro premio é unha sorpresa que se dará a coñecer o sábado 22 de setembro, no reparto de camisolas na praia de Tanxil a partir das 16:30.

Nenhum comentário:

Postar um comentário