Hai hoxe 10 anos, un grupo de profesores e profesoras entregaba na sede da Unesco en Paris unha candidatura do patrimonio común galego- portugués. A primeira Candidatura Multinacional promovida por centros educativos de dous países da Unión Europea, e avalada por dous Estados. Pero detrás desta entrega houbo un intenso traballo conducido pola Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte...nas ondas!
18 outubro 2014
07 outubro 2014
AMEGA denuncia a política de publicidade institucional da Xunta ante expertos europeos
“Non se trata de vivir do conto, senón de xogar coas mesmas regras de xogo que os grandes medios. Non pode ser que os grandes grupos mediáticos galegos, que usan o español, teñán infinidade de axudas públicas e, polo contra, os medios en galego estean excluídas das mesmas”, sinala Xurxo Salgado.
A Asociación de Medios en Galego, a través de Xurxo Salgado, denunciou este luns a política de publicidade institucional da Xunta ante o integrantes do Comité de Expertos sobre Linguas Minoritarias –organismo dependente do Consello de Europa encargado de velar polo cumprimento da Carta Europea das Linguas–, pola marxinación á que están sometidos os medios en galego.
24 setembro 2014
A Asociación de Medios en Galego presentan no Parlamento unha proposta de Lei de Publicidade Institucional
A Asociación de Medios en Galego presentou no Rexistro do Parlamento Galego a súa proposta de Lei de Publicidade Institucional.
Fixoo a través dos grupos parlamentares de AGE e do BNG. A entidade indicou que pretende “protexer, cultivar, difundir e socializar o idioma galego , e facelo resaltando os valores positivos da utilización da nosa lingua”. Para iso reclaman transparencia no reparto das axudas públicas e da publicidade aos medios de comunicación.
Segundo Amega, “a cidadanía comprende o valor do pluralismo nos medios de comunicación para unha maior calidade da democracia, e nós proclamámonos medios defensores dos servizos públicos, sanidade, educación e prestacións sociais como elementos de cohesión e avance da sociedade”. A asociación presentoulle o proxecto de Lei a todos os grupos parlamentares e agarda que todos eles voten a favor da toma en consideración do texto.
A entidade sinala que apoia as demandas do Colexio Profesional de Xornalistas, Sindicato de Xornalistas e Consello de Contas, cando reclaman que a publicidade institucional se reparta en convocatorias públicas e obxectivas ás que todos os medios poidan concorrer en igualdade de condicións.
A Asociación de Medios en Galego formanna os dixitais Galicia Confidencial, Praza Pública, Valmiñor.info, Quepasanacosta, A Voz de Vilalba, Cronica 3, os periódicos impresos Sermos Galiza, Terracha.xa, A Nova Peneira, a revista Tempos novos e máis de vintecinco radios locais integradas na asociación Emisoras Municipais Galegas.
Proposta Lei de Publicidade Institucional (1) by Medios en Galego
Lei de Publicidade Institucional de Galicia
A Asociación de Medios en Galego quere protexer, cultivar, difundir e socializar o idioma galego. E facelo resaltando os valores positivos da utilización da nosa lingua. Para iso reclamamos transparencia no reparto das axudas públicas e da publicidade aos medios de comunicación.
A cidadanía reclama e comprende o valor do pluralismo para unha maior calidade da democracia. Proclamámonos medios defensores dos servizos públicos, da sanidade, educación, servizos sociais como elementos de cohesión e avance da sociedade.
Para iso presentámoslle a todos os grupos parlamentares unha proposta de Lei de Publicidade Institucional que queremos que recolla esas ideas.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)